SPOT PUBLICITARIO
1.- Análise obxectiva
- Descrición del anuncio: Este spot publicitario que se anuncia baixo o título de "Pezqueñines, ¡no, gracias!", trátase dunha campaña de conciencia de evitación, creada polo Fondo de Regulación e Organización do Mercado dos Produtos da Pesca e Cultivos Marinos (FROM), que pretende evitar o consumo daqueles casos que aínda non acadaron as tallas mínimas establecidas no Real Decreto. Adquirimos este material audiovisual a través da páxina de Youtube, onde foi colgado pola canle magramagob o día 3 de agosto de 2012. A súa duración máxima é de 52 segundos. Por último, cabe dicir que foi transmitido por televisión en 1983 e se mantivo ata dez anos despois.
- Descrición da imaxe: Trátase dun vídeo que xira en torno a unha paisaxe submarina, composta por cunchas, algas, area... e será neste entorno onde se desenrolen as personaxes principais: uns peixes pequenos de diversas cores, feitos cunha animación que, pese a ser infantil e animada, de seguro que non só vai destinada para este tipo de público. Todos eles levan cadanseu chupete mentres representan unha canción en castelán, cun claro ton de denuncia.
- Descrición do texto: Deixando a un lado a letra da canción, na pantalla aparecía, na parte inferior, a frase de "una pescadilla de 60 gramos pesará 2 kilos dentro de 2 anos". Un perspicaz comentario cunha poderosa indirecta sobre cando é recomendable pescala. Ademais, durante todo o spot interprétase o seguinte texto:
"El pez que aún es pequeño tiene que crecer.
Peces pezqueñines no debes comer.
Pezqueñines, ¡no, gracias!
Para que pueda crecer,
y me haga grande y rico y alimente bien.
Pezqueñines, ¡no, gracias! Debes dejarlos crecer."
2.- Análise interpretativa
- Público ao que vai dirixido: Como xa dixemos, este contido audiovisual vai dirixido a todo tipo de telespectadores, aínda que quizais pretenda incidir máis nos pequenos, pois supón unha maior facilidade o feito de convencelos e de conciencialos ca os adultos, xa cuns ideais claros e relativamente complicados de cambiar.
- Características da imaxe: Empréganse cores escuras e desaturadas para elaborar os fondos, sempre mariños, mentres que os bebés protagonistas e as súas nais ou avós destacan por riba deste mediante unhas tonalidades claras e rechamantes como, por exemplo, azul, laranxa, amarelo, verde, rosa...
- Mensaxe del anuncio: Tal e como expuxemos no primeiro apartado, a principal ideoloxía que se intenta transmitir con esta cortometraxe sería a de a necesidade de establecer un maior control con respecto á pesca, pois moitas persoas adicadas ao ámbito mariño incumpre, ás veces, as regras do Real Decreto que fixan as medidas aceptadas para a pesca de especies mariñas.
- Sistema de valores: Fomenta o cumprimento destas leis, co fin de evitar o comercio ilegal de casos que non adquiriron o nivel axeitado de desenrolo.
- Opinión persoal: En resumo, escollemos este material pola súa relación co noso tema: os seres vivos, e pola maneira de presentalo, adecuada para a súa visualización no curso de 3º de Educación Primaria, que é para o que está dirixida a unidade didáctica que estivemos elaborando durante este cuadrimestre. Parécenos un anuncio moi crítico e adaptado para o alumnado desa idade, sendo capaz de facelos pensar e recapacitar sobre os seus actos tanto nese momento como nun futuro próximo. Ademais, a canción que se reproduce durante este, ao ter voces infantís e harmonías simples e sinxelas, constituirá nun forte atractivo para os pequenos e, en certa forma, axudará á súa aprendizaxe ou retención.
- Como faríamos o anuncio: Respecto a este punto cabería dicir que o modelo empregado por esta campaña nos resulta aceptable e apropiado. Sen embargo, ben é certo que realizaríamos algúns cambios como, por exemplo, nas tonalidades. Na nosa opinión son demasiado escuras, e crean así unha sensación tenebrosa que, probablemente, non quixeran transmitir nun primeiro intre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario