luns, 23 de marzo de 2015

ACTIVIDADE 8: CREACIÓN DE ACTIVIDADES NO CURSO VIRTUAL

Día 23 de marzo de 2015

Hoxe dedicámonos a pasar as actividades que tiñamos redactadas no proxecto aos recursos virtuais que nos ofreceron durante a leción, que foron EdiLim e PDI.
Tarefa medianamente asequible. Houbo certas dificultades para facernos cos programas nos ordenadores.

luns, 16 de marzo de 2015

ACTIVIDADE 7: CREACIÓN DE SITES III

Día 16 de marzo de 2015

Na clase de hoxe por fin creamos o sites para o noso proxecto. Chámase igual que este blog: ticreandonomundo. Escollemos este nome porque nos parece relevante dicir que o alumnado a través das TICs poden aprenden acerca do mundo natural que os rodea e, principalmente, sobre os seres vivos que o habitan.
A tarefa foi asequible.

PÁXINAS E RECURSOS WEB QUE POIDAN SER EMPREGADOS EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Día 16 de marzo de 2015

Aquí vos deixamos unha serie de webs e portais educativos tanto para o profesorado como para o alumnado. Parécenos relevante destacar que as ordenamos conforme a metodoloxía que están a empregar.
 
captura de pantalla de educalab.png
O procedemento para atopar esta web institucional educativa para o profesorado foi primeiramente unha procura en google que foi “webs institucionais educativas para o profesorado” onde se atopou o intef e dentro deste procuramos educalab que é a web institucional.
Esta web institucional é en liña (on-line).
Esta páxina web é aportada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Está moi ben estruturada e organizada, onde podemos ver diferentes ventás sobre información acerca dela, conexións con blogs, con canles de youtube, twitter… Tamén apórtanos unha axenda para ver acontecementos importantes e podemos colaborar en diversos proxectos a través desta web institucional, cousa que é moi interesante.

captura de pantalla de eduteka.png

O procedemento para atopar esta web institucional foi o mesmo que a anterior, pero neste caso atopamos nun primeiro momento unha páxina web (http://www.aula21.net/primera/portaleseducativos2.htm) onde atopamos o enlace a esta web.

É unha web institucional en liña (on-line).

A pesar de que sexa da Fundación Gabriel Piedrahita Uribe que é de Colombia e promove a mellora da calidade da Educación Básica e Media en Colombia co apoio das TICs, nos parece moi interesante porque pode aportar moitísimas ideas para o emprego das novas tecnoloxías nas aulas de Educación Primaria.


captura de pantalla de educastur.png
O procedemento empregado para atopar esta web institucional para o profesorado foi a mesma que as anteriores na procura de “webs institucionais educativas para o profesorado”.
É unha web institucional en liña (on-line).
Parécenos relevante facer mención desta web institucional porque a pesar de centrarnos neste caso no profesorado, tamén aporta ideas ao alumnado e á familia. Dentro do profesorado podemos destacar os recursos didácticos que nos aporta esta web que como din na súa descrición “Preténdese proporcionar apoio ao profesorado e, no seu caso, ao alumnado, para atopar e empregar na súa actividade materiais e recursos didácticos disponibles nos portais institucionais do servizo público educativo español. Tamén pode accederse dende aquí a unha serie de boas prácticas de proxectos pedagóxicos desenvolvidos en centros dende o ano 2000.”

Sin título.png
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/infantil?locale=es_ES
O proceso de procura consistiu en, mediante a axuda de Internet, investigar sobre webs institucionais que estivesen dirixidas ao alumnado. Para isto empregamos os termos “web institucional alumnos”.
É unha web institucional en liña, é dicir, on-line.
Segundo puidemos observar, esta plataforma pode constituír unha gran axuda para os nosos alumnos, pois ten dispoñibles diversos materiais didácticos como poden ser, por exemplo, aqueles relacionados con cuestións do corpo humano, dos seres vivos, dos números, letras, idiomas…
Ademais, o seu deseño sinxelo e ilustrado facilitará unha aprendizaxe mediante o xogo e os contidos audiovisuais, o cal servirá como unha especie de motivación para os pequenos.
captura de pantalla de educastur.png
http://www.educastur.es/index.php?option=com_content&task=category&sectionid=377&id=47&Itemid=91
A busca seguiu o camiño marcado pola web anterior, é dicir, os recursos tecnolóxicos, ao igual que os conceptos resultaron ser os mesmos.
Tamén é unha web institucional on-line.
Nesta plataforma, pertencente á Comunidade Autónoma de Asturias, atoparemos diversas maneiras de levar a cabo as nosas actividades, pois nos ofrece cantidade de recursos para traballar historia, ortografía, idiomas, matemáticas e o uso das TIC. Polo tanto, pódese dicir que é unha plataforma que nos axuda a desenvolver as múltiples capacidades do noso alumnado, ao igual que nos permitirá introducir as novas tecnoloxías en Primaria.

Sin título2.png


En canto ao proceso de investigación da web, foi o mesmo que nos apartados anteriores.
Tamén é unha web institucional on-line.
O uso desta páxina da Comunidade de Navarra divídese en dous puntos a desenrolar, que serían por un lado as competencias de “aprender a ser” e por outro “aprender a facer”. Na primeira delas insistirase na adquisición de cousas ás que te podes enfrontar na vida cotiá como poden ser, por exemplo, os centros comerciais, o transporte, a cociña, os recursos tecnolóxicos (ordenadores, televisión…). Por outra parte, tamén podemos ensinarlles contidos referentes á saúde, á limpeza, hixiene…, polo que, en resumo, aportará mediante xogos interactivos uns materiais educativos útiles e que lles servirá para aplicar no seu día a día.

educacyl.png
Para a busca deste portal, empregamos a plataforma de Google e introducimos “portais educativos para o alumnado”.
É un portal educativo on-line.
Parécenos interesante este portal educativo debido a que abarca practicamente todas as áreas da Educación Primaria, asi coma tamén unha serie de exercicios de reforzo para traballar no verán.

educapeques.png
http://www.educapeques.com/juegos-educativos
Atopamos este portal educativo para o alumnado na procura por Google de “portais educativos para o alumnado” e xa apareceu directamente.
É un portal educativo on-line.
Parécenos interesante, xa que, podemos abarcar todas as áreas do currículo con el e mediante xogos interactivos que están na rede, os nenos e nenas poden aprender e reforzar os coñecementos.

PORTAL EDUCATIVO.png
http://www.educalandia.net/alumnos/
Atopamos este portal educativo para o alumnado a través da procura por Google de “portais educativos para o alumnado” e apareceunos na segunda páxina.
É un portal educativo on-line.
Nos pareceu interesante porque o alumnado pode abarcar todas as áreas do currículo de Educación Primaria e incluso de Educación Infantil, e é un recurso para que os máis cativos páseno ben mentres están aprendendo.
educayaprende.png

Atopamos este portal como resultado dunha busca de Google onde escribimos os conceptos “portais educativos para o profesorado”  e xa apareceu directamente coma unha entrada.
Trátase dun recurso on-line dirixido ao profesorado no que se lle presentan unha serie de xogos interactivos como ideas que pode realizar na súa aula para tratar diversas materias. E unha páxina moi interesante xa que presenta diversas alternativas para os docentes para que cando queiran poidan varias as súas clases.
educacontic.png

Para atopar este portal educativo o que fixemos foi poñer na busca de google portais educativos para o profesorado, a que nos levou a unha entrada que ofrecía unha listaxe cunha serie de portais, onde unha delas era esta.
Trátase dun portan on-line que ofrece ao profesorado unha serie de recursos que estes poden empregar nas súas clases, así coma un blog no que poden realizar preguntas que lle serán contestadas ou no que poden ler as cuestións realizadas por outras persoas. Tamén ten un catálogo no que a través de filtros as persoas poden encontrar artigos sobre temas de interese.

mestroteca.png
Esta web tamén a atopamos na listaxe na que dimos co anterior portal educativo, trala busca en google de “portais educativos para profesorado”.
Este portal é unha páxina web on-line, cun directorio cunha gran cantidade de opcións para o profesorado separados por materias, ademais de enlaces para outros temas relacionados como as oposicións, cursos online, etc.

PROXECTO

Día 16 de marzo de 2015

Despois de tanto traballo, rematamos o noso proxecto! Se queredes botarlle unha ollada o podedes atopar aqui!:  





luns, 9 de marzo de 2015

ACTIVIDADE 6: CREACIÓN DE SITES II

Día 9 de marzo de 2015

Durante a clase de hoxe dedicámonos a rematar o proxecto a entregar. Terminamos tamén a búsqueda de webs institucionais e portais educativos.
A tarefa resultou asequible.

luns, 2 de marzo de 2015

ACTIVIDADE 6: CREACIÓN DE SITES

Día 2 de marzo de 2015

O día de hoxe adicámonos outra vez a procura de webs institucionais e portais educativos que poidan ser empregadas en Educación Primaria, distinguindo os da docencia e os da discencia.
A tarefa non foi asequible debido a que tivemos moitos problemas coa conexión a Internet.