domingo, 19 de abril de 2015

ANÁLISE DO DOCUMENTAL

 DOCUMENTAIS
"Animales vertebrados" e "Animales Invertebrados"

 1.- Ficha técnica
  • Título: "Animales Vertebrados" e "Animales Invertebrados".
  • Lugar de procedencia: Ámbolos dous pertencen á mesma canle de Youtube: Ciencias Educativas S.A., específica para asuntos deste tema.
  • Ano de carga: 3 e o 20 de agosto de 2014, polo que se pode dicir que abarca un tempo relativamente recente para os cativos e cativas.
  • Duración: Menos de media hora.
2.-  Análise técnica de planos e cores

A calidade destes vídeos non é excesivamente boa, pero aínda así pódense distinguir as imaxes cun detalle razoable, e cunha saturación correcta.
Os planos, por outra parte, son variados e se complementan entre si, formando unhas combinacións que, ó fin e ó cabo, producen un bo resultado.

3.- Utilidade didáctica
No referente á selección deste material audiovisual, o escollemos debido ao seu contido didáctico. Neles faise unha pequena presentación común sobre os seres vivos, que é o noso contido de traballo principal, e despois cada un deles continúa cunha das clasificacións que propoñemos: en animais vertebrados e invertebrados.
En xeral, a súa linguaxe é adecuada para os nenos e nenas deste nivel educativo (3º de Primaria). Aínda que de vez en cando aparecen termos que ó mellor non controlan completamente, ben é certo que son capaces de entender as mensaxes e a información básica que transmiten ambos documentais. Iso si, están en castelán, co que poden modificar un pouco a dinámica galeguista da aula.

4.- Valoración crítica

Na nosa opinión trátase dunha nova maneira de amosar contidos, quizais máis entretida e levadeira que outros métodos máis tradicionáis. Estes se presentan con claridade, explicando cada punto de información con precisión, conseguindo así unha mellor aprendizaxe que de seguro captará a atención do alumnado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario