mércores, 29 de abril de 2015

O NOSO CARTEL!

Despois de todo o traballo feito... Aquí deixamos o noso cartel! Esperamos que vos guste!

RESUMO DAS ACTIVIDADES DISEÑADAS!

Aquí os deixamos un resumo das actividades diseñadas para facer cos nosos cativos e cativas!
Botádelle un vistazo!
 Para a realización deste proxecto empregamos diversos recursos relacionados coas TICs aquí os amosamos algúns que se poderían facer para a realización das actividades propostas.

    Na actividade 2, para aprender cousas novas sobre os animais, empregamos o JCilc que nos facilitou a labor, xa que puidemos desenvolver exercicios diversos e interactivos, entre os que destacamos:

Exercicio 1: O alumnado terá que buscar na sopa de letras as características dos animais invertebrados.

Exercicio 2: Este exercicio consiste nu xogo de memoria, no cal os alumnos buscarán as parellas das imaxes.

Exercicio 3: sería o mesmo ca o exercicio primeiro pero neste caso sobre animais vertebrados.

Exercicio 4: Consistiría nun xogo de memoria pero neste caso sobre animais vertebrados.
    Un dos recursos empregados para a actividade 3 é a webquest que neste caso foi realizada por nós e que se pode ver a través deste enlace:

    Un dos recursos empregados nunha das actividades é EdiLim, un programa que permite a realización de diversos tipos de exercicios coas TICs que lle ofrecen aos alumnos unha entretida, e sobre todo, divertida forma de aprender. Os exercicios que realizarán na actividade 5 con este programa son as seguintes:

Exercicio 1: Os alumnos terán que facer unha distinción entre hortalizas e legumes arrastrando unha serie de fotos a unha caixa ou á outra.
Exercicio 2: Este é un divertida sopa de letras na que os nenos terán que encontrar no medio de todas esas letras o nome dos alimentos reflexados nas imaxes.
Exercicio 3: Aquí terán que conseguir adiviñar a que grupo pertencen os alimentos da imaxe.

Exercicio 4: Aquí terán que conseguir adiviñar a que grupo pertencen os alimentos da imaxe
Exercicio 5: Este puzzle tamén é unha divertida forma de descubrir diversos alimentos pertencentes ao grupo dos tubérculos

Exercicio 6: Aquí terán que conseguir adiviñar a que grupo pertencen os alimentos da imaxe

    Na actividade 6 utilizamos o PDI para que o noso alumnado aprenda cousas novas sobre os alimentos que temos na nosa horta. Este recurso axudounos a deseñar unha serie de exercicios que nos parecen interesantes e divertidos para os nenos. Nesta serie de exercicios, os nenos deberán adiviñar os ingredientes cos que están feitas as receitas que mostramos.

Exercicio 1:

Exercicio 2:

Exercicio 3:

Exercicio 4:

COMENTARIOS DOS BLOGS

A continación poremos as nosas opinións sobre as diferentes páxinas creadas polos compañeiros:

B1-G1: Un blog moi ordenado e orixinal. Bo traballo!

B1-G2: Musical e traballado. Ben feito!

B1-G3: Título orixinal e documentación variada. Seguide así!

B1-G4: Moi visual e entretido. Ben traballado.

B1-G5: Elección das cores correcta, ó día, moi visual.

B1-G6: Incompleto, faltan algunhas entradas.

B2-G2: Divertido e dinámico. Moi ben!

B3-G1; Vistoso, con cores relacionadas co tema. Fantástico!

B3-G2: Ben traballado e actividades entretidas e variadas, Seguide así!

B3-G3: Bonito, dinámico e orixinal.

B3-G4: Orixinal, ordenado e divertido. Estupendo!

B3-G5: Moi bo traballo, tanto a nivel de contidos como visual.

B4-G1: Entretido. Ben deseñado para nenos e nenas de primaria.

B4-G2: Completo e visual. Ben feito!

B4-G3: Información variada, ben documentado e vistoso. Noraboa!

B4-G4: Musical e cun deseño bonito, relacionado co tema. Moi ben!



luns, 20 de abril de 2015

ANÁLISE DA PELÍCULA E A SERIE

PELÍCULA
"O Rei León"

1.- Ficha técnica
  • Dirección: Rob Minkoff e Roger Allers.
  • Produción: Don Hahn.
  • Ano de estreo: 1994.
  • Xénero: Animación, aventuras, comedia, musical.
  • Duración: 88 minutos.
  • Argumento: Simba é un cachorro de león e sucesor ao trono da selva, algo que non lle gusta ao seu tío Scar e polo que prepara un plan para ocupar o trono. Coa axuda de tres malvadas hienas, Scar orde un engano na que o seu irmán e rei Mufasa morre e que provoca que Simbacrea que foi pola súa culpa e decida fuxir á selva, despois de que as tres hienas quixesen matalo tamén. Alí coñece un suricato chamado Timón e un facóquero chamadoPumba, que o adoptarán e, ademais de iniciar unha amizade, lle ensinan a filosofía de vivir sen preocupacións: o Hakuna Matata. Mentres tanto, o seu tío Scar, no funeral de Mufasa e o seu fillo Simba, toma o trono e anuncia o nacemento dunha nova era. Anos despois, Simba xa adulto rescata a Pumba de ser comido por unha leoa. Esta resulta ser a súa antiga amiga de infancia Nala, que ao recoñecelo lle pide que volva para recuperar o trono. O reino converteuse nun auténtico despropósito, mal gobernado e sen comida nin auga. Simba, que nun primeiro momento non quere renunciar ao seu actual estilo de vida, finalmente acepta tras entrar en conversación cun mandril chamado Rafiki, o cal lle fala sobre o seu pai. Nese momento, a alma do seu pai aparece no ceo, dicíndolle que debe recordar quen é e de onde vén. Despois de que a alma de Mufasa desapareza, Simba, xunto con Rafiki, reflexiona sobre o que el debe facer e así parte inmediatamente ao seu fogar a reclamar o trono.
    Simba, a quen nun principio todos confunden co seu pai, é testemuña da decadencia do seu reino e enfurecida decide actuar. É neste momento cando Simba obriga a Scar a revelar o segredo que gardaba todos eses anos: ser o responsable pola morte de Mufasa. Aínda cando Simba alega que fora un accidente, Scaraproveita, e xunto coas súas hienas, o leva ata o bordo dun precipicio. Nese momento, un trono cae sobre o pasteiro seco e inicia un incendio. Simba esvara e trata de sosterse, coas súas patas dianteiras sobre o bordo. Entón Scar tómao das súas patas e confesa nese momento, que el foi o verdadeiro asasino do seu pai. Simba cheo de rabia salta sobre Scar e obrígao a confesar publicamente, traizoando e culpando as hienas do seu plan. Tras unha batalla final, na que Scar remata sendo asasinado polas furiosas hienas, o ciclo da vida péchase co ascenso ao trono de Simba, co remate final dun epílogo, no que Simba e Nala casan e Rafiki presenta a nova e futura sucesora de ambos os dous.
2.- Análise técnica de planos e cores

As cores atópanse, na maioría das escenas, nun punto de saturación perfecto: non resultan rechamantes e tampouco dan a sensación de tenebrosidade como facía o spot publicitario. Non obstante, cómpre incidir en que depende moito do sentimento que se queira transmitir, pois as tonalidades cambian en función de tal feito.
No tratante ós planos, utilízanse todo tipo de encadres e movementos (Planos medios, xerais, curtos, panorámicos...)

3.- Utilidade didáctica

Esta película amósanos unha gran cantidade de especies pertencentes á sabana, tanto animais como vexetais, polo que pode resultar un medio moi axeitado para a aprendizaxe dos seus rasgos característicos, a súa relación co ambiente... Ademais, tamén estaría ben amosarlles algúns dos valores que se transmiten como, por exemplo, o da amizade ou o amor. E por último, tampouco habería que esquecer o feito de que este filme está baseado na obra literaria de Hamlet, unha nova fonte de información sobre a que investigarían.

4.- Valoración crítica

Considerámola un recurso didáctico importante i enriquecedor, ademais de entretido, adaptado para a idade á que está destinado o noso proxecto, pois transmite unha serie de contidos visuais que probablemente se farían algo máis pesados se se ensinasen por medio dos libros de texto.

5.- Proposta de mellora

Non se pode mellorar, é preferible deixala como está.


SERIE
"Calimero"

1.-  Ficha técnica
  • Dirección: Yugo Serikawa.
  • Estudio: Toei Animation.
  • Ano de estreo: 1974.
  • Xénero: Comedia, drama.
  • Duración: 52 episodios.
  • Descrición: Calimero, o pequeno polo, é un anime, baseado nunha creación italiana, sobre un encantador aínda que desafortunado poliño antropomorfizado de debuxos animados. É o único de plumaxe negra nunha familia na cal todos os demais poliños posúen plumaxe amarela e caracterízase por levar a metade da súa casca sobre a súa cabeza.
  • Personaxes: Calimero, Prsicilla, Valeriano, Rosita, Piero, Susy, Galletoni e Cesira. 

ANÁLISE DO SPOT PUBLICITARIO

SPOT PUBLICITARIO
"Pezqueñines, ¡no, gracias!"


1.- Análise obxectiva
  • Descrición del anuncio: Este spot publicitario que se anuncia baixo o título de "Pezqueñines, ¡no, gracias!", trátase dunha campaña de conciencia de evitación, creada polo Fondo de Regulación e Organización do Mercado dos Produtos da Pesca e Cultivos Marinos (FROM), que pretende evitar o consumo daqueles casos que aínda non acadaron as tallas mínimas establecidas no Real Decreto. Adquirimos este material audiovisual a través da páxina de Youtube, onde foi colgado pola canle magramagob o día 3 de agosto de 2012. A súa duración máxima é de 52 segundos. Por último, cabe dicir que foi transmitido por televisión en 1983 e se mantivo ata dez anos despois.
  • Descrición da imaxe: Trátase dun vídeo que xira en torno a unha paisaxe submarina, composta por cunchas, algas, area... e será neste entorno onde se desenrolen as personaxes principais: uns peixes pequenos de diversas cores, feitos cunha animación que, pese a ser infantil e animada, de seguro que non só vai destinada para este tipo de público. Todos eles levan cadanseu chupete mentres representan unha canción en castelán, cun claro ton de denuncia.
  • Descrición do texto: Deixando a un lado a letra da canción, na pantalla aparecía, na parte inferior, a frase de "una pescadilla de 60 gramos pesará 2 kilos dentro de 2 anos". Un perspicaz comentario cunha poderosa indirecta sobre cando é recomendable pescala. Ademais, durante todo o spot interprétase o seguinte texto:
"El pez que aún es pequeño tiene que crecer.
Peces pezqueñines no debes comer.
Pezqueñines, ¡no, gracias!
Para que pueda crecer,
y me haga grande y rico y alimente bien.
Pezqueñines, ¡no, gracias! Debes dejarlos crecer."

 2.- Análise interpretativa
  •  Público ao que vai dirixido: Como xa dixemos, este contido audiovisual vai dirixido a todo tipo de telespectadores, aínda que quizais pretenda incidir máis nos pequenos, pois supón unha maior facilidade o feito de convencelos e de conciencialos ca os adultos, xa cuns ideais claros e relativamente complicados de cambiar.
  •  Características da imaxe: Empréganse cores escuras e desaturadas para elaborar os fondos, sempre mariños, mentres que os bebés protagonistas e as súas nais ou avós destacan por riba deste mediante unhas tonalidades claras e rechamantes como, por exemplo, azul, laranxa, amarelo, verde,  rosa...
  •  Mensaxe del anuncio:  Tal e como expuxemos no primeiro apartado, a principal ideoloxía que se intenta transmitir con esta cortometraxe sería a de a necesidade de establecer un maior control con respecto á pesca, pois moitas persoas adicadas ao ámbito mariño incumpre, ás veces, as regras do Real Decreto que fixan as medidas aceptadas para a pesca de especies mariñas.
  • Sistema de valores: Fomenta o cumprimento destas leis, co fin de evitar o comercio ilegal de casos que non adquiriron o nivel axeitado de desenrolo.
3.- Análise subxectiva
  • Opinión persoal: En resumo, escollemos este material pola súa relación co noso tema: os seres vivos, e pola maneira de presentalo, adecuada para a súa visualización no curso de 3º de Educación Primaria, que é para o que está dirixida a unidade didáctica que estivemos elaborando durante este cuadrimestre. Parécenos un anuncio moi crítico e adaptado para o alumnado desa idade, sendo capaz de facelos pensar e recapacitar sobre os seus actos tanto nese momento como nun futuro próximo. Ademais, a canción que se reproduce durante este, ao ter voces infantís e harmonías simples e sinxelas, constituirá nun forte atractivo para os pequenos e, en certa forma, axudará á súa aprendizaxe ou retención.
  • Como faríamos o anuncio: Respecto a este punto cabería dicir que o modelo empregado por esta campaña nos resulta aceptable e apropiado. Sen embargo, ben é certo que realizaríamos algúns cambios como, por exemplo, nas tonalidades. Na nosa opinión son demasiado escuras, e crean así unha sensación tenebrosa que, probablemente, non quixeran transmitir nun primeiro intre.

domingo, 19 de abril de 2015

ANÁLISE DO DOCUMENTAL

 DOCUMENTAIS
"Animales vertebrados" e "Animales Invertebrados"

 1.- Ficha técnica
  • Título: "Animales Vertebrados" e "Animales Invertebrados".
  • Lugar de procedencia: Ámbolos dous pertencen á mesma canle de Youtube: Ciencias Educativas S.A., específica para asuntos deste tema.
  • Ano de carga: 3 e o 20 de agosto de 2014, polo que se pode dicir que abarca un tempo relativamente recente para os cativos e cativas.
  • Duración: Menos de media hora.
2.-  Análise técnica de planos e cores

A calidade destes vídeos non é excesivamente boa, pero aínda así pódense distinguir as imaxes cun detalle razoable, e cunha saturación correcta.
Os planos, por outra parte, son variados e se complementan entre si, formando unhas combinacións que, ó fin e ó cabo, producen un bo resultado.

3.- Utilidade didáctica
No referente á selección deste material audiovisual, o escollemos debido ao seu contido didáctico. Neles faise unha pequena presentación común sobre os seres vivos, que é o noso contido de traballo principal, e despois cada un deles continúa cunha das clasificacións que propoñemos: en animais vertebrados e invertebrados.
En xeral, a súa linguaxe é adecuada para os nenos e nenas deste nivel educativo (3º de Primaria). Aínda que de vez en cando aparecen termos que ó mellor non controlan completamente, ben é certo que son capaces de entender as mensaxes e a información básica que transmiten ambos documentais. Iso si, están en castelán, co que poden modificar un pouco a dinámica galeguista da aula.

4.- Valoración crítica

Na nosa opinión trátase dunha nova maneira de amosar contidos, quizais máis entretida e levadeira que outros métodos máis tradicionáis. Estes se presentan con claridade, explicando cada punto de información con precisión, conseguindo así unha mellor aprendizaxe que de seguro captará a atención do alumnado.

luns, 6 de abril de 2015

SELECCIÓN DE DOCUMENTAIS, SPOT PUBLICITARIO, SERIE E PELÍCULA

Aquí vos deixamos unha serie de documentais relacionados cos seres vivos, xunto co spot publicitario, a serie e a película que escollemos para a representación de dito tema. Vos animamos a que lle botedes un vistazo!:

 Documentais:



Spot publicitario:



 Serie:


Película: 




ACTIVIDADE 8 (II): CREACIÓN DE ACTIVIDADES NO CURSO VIRTUAL

Día 6 de abril de 2015

Na clase de hoxe, a través do recurso virtual de JClic, creamos as nosas propias actividades con respecto á nosa temática: os seres vivos e a súa clasificación en vertebrados e invertebrados. Tamén buscamos en internet, concretamente na páxina de Youtube, vídeos e documentais sobre o que abarca o noso temario e cuxas ligazóns atópanse no apartado de recursos.
A tarefa foi asequible.