luns, 23 de febreiro de 2015

ACTIVIDADE 5: AVALIACIÓN

Día 23 de febreiro de 2015

Hoxe, adicamos a seleccionar e avaliar páxina e recursos webs que poderían ser empregados en Educación Primaria.
Tamén rematamos o deseño do proxecto co apartado de avaliación onde definimos os criterios, os estándares, os procedementos as técnicas e os instrumentos que imos utilizar.
A tarefa resultounos asequible a pesar de ter algúns problemas coa conexión a internet.

luns, 9 de febreiro de 2015

ACTIVIDADE 4: METODOLOXÍA

Día 9 de febreiro de 2015

O día de hoxe adicámonos a desñar as actividades que imos a realizar cos nenos e nenas dentro do noso proxecto.
Para iso, elaboramos a metodoloxía mediante a cal levaremos a cabo o noso proxecto educativo, no cal englobaremos: o escenario e amibiente de aprendizaxe, os principios, o papel tanto do alumnado coma do profesorado, os agrupamentos, a apertura ao contorno (familia-contexto, socio-cultural) e a perpectiva pedagóxica.
A tarefa resultounos asequible.

luns, 2 de febreiro de 2015

ACTIVIDADE 3: DESENVOLVEMENTO E INTEGRACIÓN CURRICULAR

Día 2 de febreiro de 2015

Hoxe, creamos a nosa wiki! 
Despois continuamos co noso proxecto comezando a facer a introdución e xustificación do tema que xa escolleramos con anterioridade que sería o dos seres vivos. Tamén chegamos a acadar a contextualización na que imos desenvolvelo.
 A tarefa resultounos asequible.